27/3/12

Asemblea cidadá na Praza de España - Porta Nova.-


Varios colectivos plantexarán hoxe iniciativas nunha

asemblea contra as obras na praza de España.

Martes, 27 de Marzo de 2012.
redacción > ferrol .

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá -que aglutina a once entidades veciñais e culturais e a varias persoas a título individual- anima á cidadanía e entidades sociais do municipio a participar hoxe nunha asemblea que comezará ás 19.30 horas, na praza de España.

O colectivo denunciou publicamente a iniciativa do equipo de goberno ferrolán de destinar unha partida duns 700.000 euros a realizar obras na praza de España "coa desculpa de crear un pulmón verde" e lamentou que ninguén consultase á cidadanía sobre ese investimento. Ademais, desde a mencionada Comisión criticouse "o recorte, de maneira esaxerada, das subvencións a entidades de carácter asistencial", considerando que nestes momentos, na cidade, existen outras prioridades investidoras.

A entidade veciñal de Esteiro -unha das que participará na convocatoria- manifestou a súa oposición á "privatización dos Padroados de Música e Deportes e do Imfacofe". Na práctica a medida supón, aseguran, "a privatización da xestión e recadación dous tributos que pagamos vos cidadáns". Ao mesmo tempo, desde a entidade acusase ao equipo de Rei Varela de actuar baixo a "omnipresente e falsa escusa de aforrar cartos".
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario