19/3/12

Constitucion Asembleas de barrio.-




 
Constitución ASEMBLEAS DE BARRIO


          A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá,  órgano impulsor do propio regulamento, convida a toda a cidadanía a participar na constitución das distintas ASEMBLEAS DE BARRIO.


Animamos a todos os veciños e veciñas de todas as ideoloxías, pensamentos, idades e persoas non asociadas que impulsen e participen de forma individual a formular PROPOSTAS que considere ou CANDIDATURAS para os órganos do seu barrio.


          Esta Comisión de Control denuncia a esta concellaría de Participación Cidadá pola falta de publicidade diaria tanto nos medios como na páxina web do concello que necesita este proceso constituínte das distintas Asembleas de Barrio polo que acordamos que a propia Comisión de Control publicitará  estas sucesivas Asembleas.


          A Comisión consideramos que estas Asembleas de barrio son órganos importantísimos de Participación Cidadá polo que  facemos un chamamento as entidades sociais de cada barrio ou parroquia co obxecto de fomentar e enriquecer estes foros de debate no seu ámbito territorial.

          Lembramos as competencias:

Artigo 32. Competencias das ASEMBLEAS DE BARRIO;
 Será competencia das ASEMBLEAS DE BARRIO:

 A. Fomentar a participación directa na xestión municipal de cada barrio das persoas que o habitan e das entidades que actúan no seu territorio, establecendo a este efecto os mecanismos necesarios de información, estímulo e seguimento das actividades municipais.

 b. Promover a colaboración entre as organizacións do barrio e entre estas e os/as veciños/as.

 c. Participar na toma de decisións sobre as actuacións e investimentos que o Concello realice no ámbito territorial da Asemblea:

          c.1) Debatindo e valorando os elementos dos plans de actuacións e investimentos do Concello que afecten ao ámbito territorial da Asemblea;   
        
          c.2) Informando, como mínimo anualmente, ao Concello do funcionamento efectivo e seguimento dos servizos municipais e das necesidades do territorio, con indicación e selección de prioridades para a súa posible inclusión no plan de actuacións do Concello;

          c.3) Elaborando propostas para implementar proxectos e programas públicos, novos servizos, etc.

d. Solicitar información do Concello, previa petición razoada, dos temas de interese para a Asemblea.

         

          Lembramos que as seguintes ASEMBLEAS DE BARRIO desta semana serán;



- MARTES-20 – Parroquia de SERANTES ás 19,30 h no local social .
- MÉRCORES-21–Parroquia de SAN XOÁN–BERTÓN ás 19,30 h social.
- VENRES -23- Barrio de CARANZA ás 20,30 h. no Centro Cívico.
- SÁBADO-24 – Parroquia de SAN FELIPE ás 19.30 h no local social.




           Ferrol, a 19 de Marzo de 2012.




 - A Comisión de Control P do RPC.-


No hay comentarios:

Publicar un comentario