3/3/12

AUTOCONVOCATORIA FORO CÍVICO e CHARLAS NOS BARRIOS.-

Un novo foro cívico debaterá o estado

da participación cidadá en Ferrol.

Sábado, 03 de Marzo de 2012.
 redacción > ferrol .


A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá -RPC- mantivo o pasado mércores unha reunión con representantes do tecido asociativo co obxectivo de facer unha avaliación do estado e aplicación actual do regulamento e os demais procesos participativos.

Anteriormente, o día 16 de febreiro, reuniuse cos grupos políticos da oposición para analizar estas mesmas cuestións e chegouse á conclusión de que a situación é "moi grave".

Desde esta comisión considérase que o concelleiro da área, José Manuel Vilariño, non impulsa o carácter participativo e limítase, nas asembleas de barrio que se están levando a cabo, a dar conferencias repetitivas, baleiras de debate, formulación de propostas e a falta de cantidades orzamentarias.

A comisión di non saber como se elixirán as propostas de toda a cidade e se estas van ser ou non vinculantes. Así mesmo, apunta que teñen dúbidas de que o concelleiro e o goberno respecten os acordos das asembleas cidadás, porque, sinala, "estamos convencidos de que non cre na cidadanía nin non significado da democracia participativa".

Así mesmo, a Comisión de Control acordou a necesidade de facer unha autoconvocatoria do Foro Cívico cidadán inmediatamente logo da primeira rolda das asembleas de barrio, a finais do mes de abril ou nas primeiras semanas de maio como lugar de formulación de propostas e de debate.

Así mesmo, nas reunións coas entidades sociais solicitouse á Comisión de Control que faga un calendario de encontros e charlas informativas polos barrios e parroquias sobre o significado e importancia destas asembleas de barrio, días antes da súa constitución.

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario