21/7/09

Regulamento Orzamentos Participativos


Estimados/as veciños/as,

Como grupo de traballo relativo ao proceso de reforma do Regulamento de Participación Cidadá, e en resposta á vosa demanda de ser coñecedores/as e parte activa doutros procesos (en especial dos orzamentos participativos), achegamos o borrador de Regulamento de Orzamentos Participativos.

Este documento foi traballado polo "grupo motor", no que están representados/as veciños/as a título particular e asociacións de diversa natureza (veciñais, de mulleres, culturais, comerciantes...) dos 5 barrios nos que se comeza a experiencia piloto (San Xurxo, Doniños, Santa Mariña do Vilar, San Pablo de Catabois, San Xoán de Filgueira - O Bertón). Asimesmo, difúndese tamén entre a oficina técnica (persoal técnico representativos das 6 áreas funcionais do concello) e os 5 grupos municipais. Durante as primeiras asembleas de diagnóstico que se van a realizar no rural (San Xurxo-Doniños) e no urbano (3 barrios) o borrador será validado.


Está pendente perfilar o papel do GAP (reunión este mércores) como seguimento aos procesos de participación e o papel dos grupos políticos (xa que foi cancelada a sesión de traballo con eles por motivos da súa axenda). De todos modos, o espazo das asembleas está pensado para aportar ideas (con outras persoas/entidades "alleas" aos barrios), igualmente a fase de recollida de propostas cidadás está aberto a persoas non empadroadas ou traballadoras dos barrios.


Podedes aportar as vosas suxestións con anterioridade á celebración das asembleas, para optimizar o tempo destes espazos. Falamos máis polo miúdo de todos estes temas (sería convinte nunha sesión específica para poder centrarnos o mércores nas fases pendentes do Regulamento)

Un saúdo,

Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá

Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol

Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691

participacion@ferrol.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario