11/7/09

TEXTO 2ª PARTE - APROBACIÓN REGULAMENTO PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-

. . . ./ . . . . Segunda parte do texto lida no Pleno en nome do GAP...

- 9 de Xullo do 2009.





O presente Regulamento de Participación Cidadá se caracteriza por:

Dar relevancia á estructuración territorial da participación.

Integrar nas estructuras territoriais de participación a tódolos sectores cidadáns que teñen influencia nun espazo concreto.

Complementar os ámbitos de participación territorial con estructuras de carácter sectorial que conecten parcialmente distintos territorios.

Aplicar mecanismos de participación cidadá a tódolos ámbitos da realidade local.

Dar o maior grado de autonomía ós espazos de participación marcando diferencias coas accións políticas dos partidos.

Respectar ós ámbitos propios da sociedade civil evitando que os órganos de participación cidadá solapen a súa actuación.

Neste Regulamento atopamos algúns organismos que agora citamos:

A Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións. -

Para a defensa dos dereitos da cidadanía, o Pleno creará a Comisión de de queixa e reclamacións integrada por concelleiros e concelleiras de todo os grupos municipais, de xeito proporcional. Correspóndelle á citada Comisión defender os dereitos da cidadanía nas súas relacións coa administración local, supervisar a actuación desta, propoñer accións de mellora e informar das queixas de conformidade co exposto neste Regulamento .

As Asembleas de Barrio.-

Onde poderán participar tódalas entidades e persoas dese ámbito formulando propostas e que constitúen o espazo propio para o desenvolvemento do desenvolvemento dos orzamentos participativos.

Os Consellos Sectoriais.-

Nos que se poidan definir e executar as políticas dun sector determinado como, como por exemplo o Turismo. Cando definimos os Planes turísticos da cidade e a súa promoción no exterior, non poden ser só as entidades que teñen interese económicos no Turismo as que definan ese Plan. O tecido asociativo, representado nese Consello Sectorial xoga un papel fundamental e desprovisto de intereses económicos.

Os Foros Cívicos.-

Órganos de reflexión e debate de formulación de propostas e control da execución das mesmas.

O Consello da Veciñanza.-

Que é o órgano no que conflúen o resto de órganos de participación do Concello.

O Dereito á intervención nos Plenos e nas Comisións Informativas.



Ademais dunha importante figura, que foi o motivo dunha controversia infundada, que se incorpora neste Regulamento de Participación Cidadá:

O Valedor Veciñal.-

Unha institución que ten como obxectivo ser a canle de diálogo, estudo e seguimento dos problemas que viven ás cidadás e os cidadáns fronte ó Concello e que será elixido de maioría cualificada do Pleno do Concello de Ferrol.

Como xa dixemos antes este Regulamento é o máis progresista e máis avanzado de Galicia ata o momento.

O longo proceso de elaboración do Regulamento de Participación Cidadá, obtivemos outro resultado moi importante ou quizais o máis importante: O coñecemento e a comunicación entre moitas entidades que non tiñamos relación e que mesmo nin sabiamos da existencia unhas de outras. Este proceso permitiu facerse visibles a moitas delas, que nos puidésemos comunicar, entender e tomar acordos de maneira sinxela, e demostrou que temos máis cousas en común que diferencias. Permitiu constatar que, en contra do que se poida pensar, temos un tecido asociativo amplo, variado e sobre todo activo, comparable o de calquera cidade de Galicia.

Este tecido asociativo so ten un grave problema: Precisa de renovación e incorporación de novos efectivos que teñan gañas e sobre todo ilusión. A Participación Cidadá e a posta en marcha dos Orzamentos Participativos axudará posiblemente a esa renovación.
A partir de agora as cidadás e os cidadáns de Ferrol , terán máis dereitos que votar cada catro anos, serán, se queren, os protagonistas ¡ Non hai volta atrás, xa non se pode parar a participación cidadá !.
No pasado ano 2008 tamén se puxeron en marcha as subvencións para o tecido asociativo veciñal para actos culturais con cargo á Concellería de Participación Cidadá: DEMANDAMOS que de maneira inmediata se poñan en marcha neste ano 2009 do que xa levamos consumidos seis meses.


Desde a aprobación do Regulamento de Participación Cidadá o Grupo de Análise e Proposta pasamos, de maneira provisional, a ser a Comisión de Seguimento da Aplicación do citado Regulamento. Seremos os garantes do seu cumprimento.


A participación cidadá non é un fin en si mesma senón que é un medio para conseguir un obxectivo e ese obxectivo é o que temos que definir de maneira colectiva.

Puidemos escoitar hai poucos días na presentación do Urban, como tanto en Pamplona, en Valladolid ou Xixón a participación do tecido asociativo na elaboración de proxectos e no control da súa execución non só foi necesaria, senón que cando esta participación se producía os resultados eran moito máis satisfactorios que cando as Administracións actuaban soas. Teñamos en conta ós que van máis adiantados que nós, fagámoslles caso e, do mesmo xeito que eles fixeron, abramos a participación no Urban a máis entidades que as veciñais e a máis colectivos que os dos propios barrios afectados.

As políticas de promoción da Participación cidadá non deberían de ser obxecto de loita política partidaria, xa que nese caso difícil atopar gobernos con suficiente audacia para propoñer innovacións se o prezo debe ter inmediata traducción electoral.

Debe formalizarse un acordo solemne do Pleno Municipal no que todo os partidos que teñen representación no Concello se comprometen a apostar pola Participación Cidadá e a deseñar procesos e instrumentos de participación facendo seguimento da súa eficacia e da súa eficiencia e todos xuntos aprender dos acertos e dos erro compartindo os éxitos ou os fracasos.

O éxito ou o fracaso da Participación Cidadá deben ser de toda a cidade e nunca dunhas determinadas opcións políticas.
O compromiso coa participación cidadá é un compromiso de todos e todas os cidadás e as cidadás e todo o tecido asociativo de Ferrol estamos dispostos a asumilo e lle pedimos ós partidos políticos que camiñen con nós e fagamos o camiño xuntos . O resultado será máis positivo para a cidade.

¡ Moitas grazas no nome do Grupo de Análise e Proposta. !






Ferrol a 9 de xullo de 2009.






- Segunda Parte ( Lida por Xosé Manuel Sanxoán Caamaño )


No hay comentarios:

Publicar un comentario