14/7/09

HISTORIAL - CREACIÓN DO GRUPO DE ANÁLISE E PROPOSTAS (GAP)

...máis antecedentes...

Javier Galán crea o Grupo de Análise e
Propostas (GAP) para avanzar no proceso
do regulamento de Participación Cidadá.

Mércores.28 de maio de 2008

A Concellería prevé a aprobación do documento polo pleno no mes de xuño.
O proceso de elaboración e definición do futuro Regulamento de Participación Cidadá entrou esta semana nunha segunda fase ao constituírse a comisión de seguimiento –integrada por representantes dos partidos políticos con presenza na vida municipal– e o Grupo de Análise e Propostas (GAP), que hoxe mércores, 28 de maio, quedará configurado no Concello polo tecido asociativo.

O avance foi presentado onte pola mañá polo titular do área, Javier Galán, cara ao compromiso de que o regulamento sexa unha realidade no próximo mes de xullo, cando o aprobe o pleno da corporación municipal.

Ao longo das últimas semanas, a empresa contratada para estudar as necesidades do entramado asociativo ferrolán procedeu á realización de entrevistas e reunións cun total de 18 entidades. Ábrese agora un período no que, tras colgarse na web do Concello a proposta de regulamento, o conxunto de entidades asociativas poderá realizar aportacións e alegacións cara á definición do documento.

O edil subliñou onte o "entendemento" entre os partidos políticos que xa se evidenciou no marco da creación da comisión de seguimento. "Se está na idea de chegar a un punto de encontro, a pesar de que hai diferentes formas de entender a participación", dixo.

Reunión no Concello - A constitución do GAP é, a partir de agora, o elemento de referencia do proceso que ten que conducir ao achegamento ás entidades da propia actividade municipal.
Para isto están convocadas este mércores, a partir das 20.00 horas, no salón de plenos do Concello.

O conxunto do seu traballo ten que dar os seus froitos o 19 de xuño, data na que concluirá o prazo para as aportacións á proposta do Regulamento de Participación Cidadá.
O paso final abordarse entre o 20 e 21 do mesmo mes, coa celebración dunha asemblea cidadán para ratificar o texto.

Habilidades participativas -A outra gran fronte de referencia no traballo atinxe ao personal municipal e mesmo aos responsables políticos.
Javier Galán concretou así que entre os días 5 e 6 de xuño abordaránse nunhas xornadas a realización dun programa encamiñado a potenciar as "habilidades participativas" de ambos os dous colectivos.

Proposta

Entre outros aspectos, o borrador do regulamento aborda cuestións relacionadas cos dereitos dos cidadáns en materias como a información, a audiencia pública ou a intervención nos plenos, así como a creación de órganos que contribúan a canalizar a súa participación na vida pública mediante consellos sectoriais, asembleas de barrio, foros cívicos ou o Consello da Veciñanza.

Concellaría Participación Cidadá.-

--

No hay comentarios:

Publicar un comentario