29/7/09

DOCUMENTO DA COMISIÓN DE CONTROL PARA O SR. ALCALDE.

SR. ALCALDE ;



A Comisión de Control Cidadá Provisional, reuniuse este Martes, día 28 de Xullo ás 7, 30 horas da tarde, co obxecto de debater e analizar os resultados derivados do proceso do Regulamento de Participación Cidadá.


Debemos mencionar que os homes e mulleres que traballan desde hai mais dun ano na elaboración de todos os procesos de Participación Cidadá, son na súa maioría membros do tecido asociativo os cales están realizando un esforzo altruísta e continuado co único fin de dotar a cidadanía de Ferrol dun instrumento de alto valor social; A DEMOCRACIA PARTICIPATIVA.


Sr. Alcalde, querémoslle expresar a nosa queixa e malestar motivada a unha falta de rigor na aplicación do verdadeiro significado da PARTICIPACIÓN CIDADÁ ante a cal débense requirir a disposicións de máis medios humanos e materiais co fin de lograr unhas óptimas condicións.


Mediante este documento, os membros da Comisión de Control Provisional, demandámoslle un maior compromiso do goberno que Vtde. lidera co fin de optimizar os recursos necesarios.


Con este Documento, a Comisión de Control está demandando que se cumpran varias iniciativas e compromisos contemplados no propio Regulamento, ademais doutras propostas que consideramos necesarias.




1 .- Reivindicamos unha maior atención para o proceso de Participación Cidadá, sobre a cal emanará todos os procedementos como son os Orzamentos Participativos deste ano 2009 e un Regulamento Xeral de Orzamentos definitivo. Para este último haberá unha CONVOCATORIA SOCIAL , despois do verán, co fin de avalialo e debatelo.

2 .- Entendemos que a PARTICIPACIÓN CIDADÁ debe ser CONVOCADA cando concorra calquera nova ORDENANZA de ámbito social, como ocorre na actualidade coa Ordenanza de Limpeza, Plan Urban ou Turismo.

3 .- DOTAR de máis PERSOAL CUALIFICADO a oficina de Participación Cidadá e abrir unha Oficina de Atención a cidadanía.

4 .-Cumprimento do acordo de celebracións de Xornadas Formativas para políticos, funcionarios e cidadanía.

5 .- Comezar as xestións oportunas para poñer en marcha o VALEDOR DA CIDADANÍA.

6 .- Nomeamento oficial das persoas que conforman a actual COMISIÓN DE CONTROL PROVISIONAL DO REGULAMENTO.

7 .- Apertura inmediata do prazo de solicitudes de Subvencións deste ano 2009, compromiso de 60.000 €, para as actividades das entidades veciñais.

8 .- Incorporación das persoas que formaron parte do GAP NOS Grupos Motores das experiencias piloto dos Orzamentos Participativos.


Ferrol a 28 de Xullo de 2009.




- SR. ALCALDE –PRESIDENTE- CONCELLO DE FERROL.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario