11/7/09

PRENSA - OPINION DE YOLANDA DÍAZ.-


PARTICIPACIÓN




Adiante imos, sen medo, para facer realidade en Ferrol a utopía posible da democracia participativa.
Para iso hai que reclamar do goberno compromiso e celeridade para facer bo o traballo e implicación do movemento asociativo no proceso de participación cidadá que comezou da man deste mandato.
Xa desaproveitamos nove meses - dende a expulsión de EU do goberno- , cando xa estaba elaborado o texto aprobado este xoves, e que durmiu un sono inxusto polas vacilacións e desleixo do actual goberno.
Imos aprender a compartir o poder de decidir como mellorar e de que xeito a nosa cidade.
O Regulamento de Participación Cidadá e os vindeiros Orzamentos Participativos son as ferramentas para expropiar ese poder e transferilo en parte á veciñanza organizada en asembleas de barrio.
Imaxinar e facer cidade entre todos.
Toca encher de contido as enormes posibilidades que abre o Regulamento e o goberno terá que facelo lle goste ou non.
Ferrol vaise gobernar de xeito participativo, superando as erradas tentacións de gobernar con outro regulamento, o de grandes cidades.
Escoitar e compartir o traballo que van facer as e os veciños nun proceso imparable e que ningún protagonismo de estreita vía fotográfica vai deter.
Proceso cun protagonista que é o movemento asociativo e en particular o GAP, que fixo seu un texto, uns obxectivos e até unha fraternidade cívica que agora ten que repercutir no beneficiario deste proceso: a cidade de Ferrol. Prometeo colectivo que lle arrincou o lume do coñecemento e da participación das poutas insensibles dos pequenos deuses da soberbia para construír entre todas e todos a cidade nova e formidable que arelamos.
Diario de Ferrol.-

No hay comentarios:

Publicar un comentario