11/7/09

PRENSA - ENTREVISTA CONCELLEIRO PARTICIPACIÓN CIDADÁ.-


«O proceso ábrese a todos, non só aos

movementos asociativos»




O socialista Manuel Santiago tomou en outubro do ano pasado a testemuña de EU para levar a bo porto o regulamento de participación cidadá que antonte aprobou a corporación local por unanimidade de todos os partidos.
Plántase agora ante «un longo proceso» de constitución de todos os órganos participativos contemplados e define o novo escenario como «o xeito máis fácil de que o cidadán mostre o seu parecer na vida pública».

-O pleno de Ferrol deu esta semana un gran paso cara á participación, pero ¿cal é agora a maior prioridade?

-Todo é prioritario porque non queremos que o regulamento quede en papel mollado. Pero o primeiro é reunir un foro cívico para comunicar o proceso. É certo que na súa elaboración traballaron unha chea de asociacións e veciños, pero non todos os 75.000 habitantes de Ferrol.
-Que son, precisamente, os usuarios dese regulamento.

-Do mesmo xeito que no caso dos orzamentos participativos, o proceso do regulamento ábrese a todos os veciños, non só aos movementos asociativos. E queremos que todos teñan a oportunidade de achegar cousas.

-¿Van realmente por separado os orzamentos e a participación cidadá?

-Son dous procesos que van da man, nos que a cidade se ten que ver reflectida para darlles vida. O regulamento forza á Administración a establecer unha relación máis áxil cos cidadáns, e os orzamentos dan a opción de elixir obras ou servizos nos barrios que non se contemplarían nun orzamento ordinario.

-¿Onde lle gustaría ver o proceso nun futuro inmediato?

-Quixese que nun par de anos estean consolidados en toda a cidade os orzamentos participativos.
La Voz deGalicia .-

No hay comentarios:

Publicar un comentario